A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe-Servizo en Terapia Ocupacional

2018 
Os/as alumnos/as de 3o do Grao en Terapia Ocupacional (cursos 2015/2016 e 2016/2017), participaron en actividades para a promocion do deporte inclusivo, baixo a tematica de “solidariedade e cooperacion” (concienciacion, difusion e intervencion civica). A iniciativa parte da entidade Fundacion Abrente, no Club Deportivo Inclusivo ENKI. Obxectivos do servizo: * Transformar a actitude dos xoves e poboacion xeral ante a discapacidade. * Dar difusion e fomentar a practica de deportes adaptados, de xeito inclusivo. * Fomentar a consciencia ante a diversidade funcional. * Reconecer os logros e as dificultades superables. Metodoloxia: Propuxeronse tres tipos de actividades: escolas deportivas inclusivas, sensibilizacion sobre deporte adaptado en centros educativos, e sesions de adestramento para deportistas con diversidade. Os principais actores foron: estudantes de TO (n= 85), deportistas (3) e representantes do Club ENKI (3). Os destinatarios do servizo foron persoas con diversidade funcional, nenos/as e profesores de centros educativos de primaria e secundaria (1523 participantes en 21 centros). Resultados: Con esta experiencia pretendeuse que os estudantes se achegasen a realidade, desde a perspectiva da TO, aplicando unha observacion consciente, reflexiva e practica, complementado coa adquisicion de competencias profesionais. A satisfaccion de todas as partes demostrase coas suas testemunas, participacion activa, e repercusions nas redes. Conclusions: Destacanse os beneficios para estudantes de TO (no tanto que se facilita a integracion da teoria na practica e adquisicion de competencias profesionais), e para os destinatarios, xa que se consegue unha autentica proposta de sensibilizacion, promovendo a inclusion e igualdade de oportunidades para todos/as, neste caso, a traves do deporte.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []