Elementos para a descrición e análise da vangarda no final do século XX na Galiza: o grupo Rompente (1975-1983)
2013
Esta tese de doutoramento pretende nun primeiro momento afondar na historia e analise do grupo poetico Rompente, asi como no seu contexto social e cultural. A partir deste marco examinase o concepto vangarda e como se desenvolveu no espazo temporal da Transicion a democracia e autonomia de Galiza. Desta forma, a dixitalizacion e establecemento da obra de Rompente en soporte dixital facilitara o posterior estudo e dotara a comunidade investigadora dunha serie de documentos que, en moitos casos, ficaron ineditos ou descatalogados, polo cal o seu acceso era dificil de encaminar. Estes pretenden focalizar o discurso de vangarda na Transicion e na construccion do campo literario galego nesta altura. Asi, o marco cronoloxico que abrangue a investigacion e o que corresponde ao periodo de 1975 (nacemento da formacion) ate 1983 (disolucion do grupo). A partir das novas interpertacions verbo da Transicion revisase o campo literario galego, especialmente no que atinxe ao xenero lirico, mais dende un prisma socioliterario. Paralelamente, o marco teorico empregado encadrase nas dinamicas socioloxicas de P. Bourdieu, E. Sanguineti e X. Gonzalez-Millan. Este modelo de traballo permitenos entender mellor o desenvolvemento do campo, o rol da vangarda como repertorio a camino entre ideoloxia, politica e praxe literaria, e tamen para desglosar a historia do grupo Rompente da forma mais exhaustiva posible. A revision de conceptos chave como literatura nacional, vangarda, posmodernidade ou vangarda posmoderna, historiografia ou desconstruccion forman parte da escrita da tese. Non se busca nesta investigacion unha reflexion dende a teoria da literatura destes conceptos. Forman parte do modelo teorico e explicanse en documento anexo, asi e como se aportan apuntamentos verbo das dinamicas destes termos e como foron entendidos e practicados neste momento da historia do campo. O grupo Rompente amosou no seu devalar tres tipos de escrita: a) ensaio, b) creacion poetica e c) performance e producion radiofonica. Desta forma, desenvolveranse dous tipos de analise paralelos. Por una banda imos atender a producion teorica (sempre en cotexo coa teorias contemporaneas e practicadas en campos paralelos), para nun seguinte capitulo entender mellor a praxe literaria emanada do grupo. Atendendo a este ultimo espazo de analise imos destacar tres tipos de texto. En primeiro lugar teriamos o texto poetico estrictu senso, no que se analizan os documentos publicados (Crebar as liras, Follas de Resistencia Poetica, Silabario da turbina, Triloxia dos Tres Tristes Tigres e A dama que fala), o manifesto Fora as vosas sucias mans de Manoel Antonio! e tamen aquelas colaboracions illadas en revistas da epoca. A performance seria a segunda lina de traballo do grupo, da cal daremos conta a partir das analises practicadas por axentes criticos como A. Kaprow ou R.-L Goldberg, pretendendo demostrar como na Transicion se deron experiencias vanguardistas que empatan coas dinamicas mais innovadoras na esfera internacional. En ultimo lugar focalizaremos a experiencia radiofonica con Radio Esquimal e aqueles textos ineditos que rescatamos para dixitalizar e dar a conecer. Estes tamen os imos por en dialogo con outras experiencias paralelas noutros campos como o traballo desenvolvido por S. Beckett. A nivel xeral, desenvolveranse diferentes interpretacions do fenomeno literario de vangarda e do concepto de ideoloxia. Considero que as teorias da socioloxia da literatura e as dos Cultural Studies poden amosar un rendemento optimo, xa que se intenciona describir como o grupo Rompente desconstrue socio-literariamente e ideoloxicamente a vangarda mundial para o campo literario galego.
Keywords:
- Correction
- Source
- Cite
- Save
- Machine Reading By IdeaReader
0
References
0
Citations
NaN
KQI