Determinantes e cambios temporais no reparto das rendas turísticas entre orixe e destino. Evidencia das Illas Canarias
2019
O turismo e a principal fonte de creacion de riqueza para moitas rexions. Estas ponen a disposicion da industria turistica o seu territorio, que e utilizado para a creacion de infraestruturas e para a instalacion das empresas provedoras dos servizos turisticos. As peculiaridades do produto turistico favorecen a aparicion de intermediarios alleos ao destino que compiten para quedar cunha parte da renda turistica, en gran medida da man das novas tecnoloxias, detraendo recursos ao destino que poderian ser dirixidos a mellora do seu crecemento e benestar. Neste traballo, usando datos turisticos do destino Illas Canarias que abarcan o periodo temporal 2006-2017, estudase que parte do gasto total que realiza un turista se paga directamente ao provedor do servizo no destino, identificando cales son os factores que o determinan e como evolucionou esta porcentaxe nos ultimos anos. Os resultados mostran que a porcentaxe de gasto en destino se ve afectado por caracteristicas economicas, sociodemograficas, polas relativas a viaxe e polo uso das novas tecnoloxias pero, en calquera caso, e en termos ceteris paribus, a porcentaxe de gasto en destino decae sistematicamente no tempo, mesmo cando se fai uso das novas tecnoloxias no proceso de compra das vacacions.
Keywords:
- Correction
- Source
- Cite
- Save
- Machine Reading By IdeaReader
0
References
0
Citations
NaN
KQI