“Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio”, un proxecto multidisciplinar para promover a sustentabilidade ambiental e social

2020 
A sustentabilidade ambiental supon un reto estratexico para a Universidade da Coruna (UDC). Para conseguilo, desenvolvense programas centrados na promocion de valores como a conservacion dos recursos naturais e a adquisicion de habilidades para a sua xestion eficiente. Destacamos o Proxecto "Educando para a sustentabilidade", financiado pola Fundacion Alcoa, que baixo o titulo "Campus, casa, cidade: laboratorios de cambio", promove a formacion en sustentabilidade ambiental e social e busca resposta a cuestions hoxe prioritarias para a sociedade, como o cambio climatico, a producion e xestion de residuos, a economia circular ou a mobilidade sustentabel, entre outros. As metodoloxias propostas incluen formacion teorico-practica, conferencias, visitas tecnicas, obradoiros e traballo de campo, combinando actividades individuais e de grupo e aproveitando a vivenda, a universidade e a cidade como lugares para a investigacion e a experimentacion. Distinguironse 4 modulos na programacion: Obradoiros (grupos reducidos): xestion de residuos e compostaxe, pegada ecoloxica e hidrica, TIC para xeorreferenciacion e mapeo participativo, auditorias do consumo de auga e enerxia (382 persoas participantes); Conferencias (programa extenso en actualidade ambiental a cargo de persoas expertas, sumou 989 participantes), visitas tecnicas e actividades de campo (747 participantes), Ciclo de cinema (77 participantes nunha convocatoria), exposicions (mais de 540 participantes). Sumouse un total de 1.394 persoas (curso 2017/2018) e de 2.345 participantes (curso 2018/2019). O poster presenta os resultados de participacion en detalle, e analiza a satisfaccion das persoas participantes: avaliacion Boa/Moi Boa do 94,7±0,03% (Manchando as mans), 89,2±0,01% (Obradoiros), 89,0±0,04% (Conferencias), para un total de 686 respostas.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []