Eu às vezes digo com as letras e outras vezes digo sem as letras, porque eu sei escrever. Evolución de trazos dialectais portugueses no século XX

2018 
Examinanse os cambios na distribucion xeografica e na frecuencia de uso que sufriron durante a segunda metade do s. XX cinco fenomenos dialectais do portugues europeo empregados para definir a Nova proposta de classificacao dos dialectos portugueses de Lindley Cintra: 1. Ausencia / presenza de distincion fonoloxica entre /b/ e /v/. 2. Realizacion apical / predorsodental do fonema fricativo alveolar. 3. Conservacion / reducion do fonema africado postalveolar xordo [tʃ]. 4. Conservacion / reducion do ditongo ou, realizado foneticamente como [ou] ou [au ] 5. Conservacion / reducion do ditongo ei, realizado maioritariamente como [ei] / [ɐi]. Analizouse cuantitativamente un extenso corpus de mais de 100.000 respostas contidas nos cuestionarios ineditos dos dous grandes atlas linguisticos que describiron Portugal: o Atlas Linguistico de la Peninsula Iberica (ALPI) que explorou o territorio luso en 1936 e 1953-1954, e o Atlas Linguistico-Etnografico de Portugal e da Galiza (ALEPG), realizado tamen en duas quendas, 1973-1984 e 1988-1997. O exame cuantitativo (e comparativo) das duas fontes permitiu afinar a delimitacion xeografica de cada fenomeno en cada epoca e obter resultados moito mais informativos sobre a sua vitalidade ca os transmitidos pola dialectoloxia clasica. En xeral, ponse de manifesto un forte retroceso dos marcadores dialectais nas ultimas decadas, especialmente no que respecta a trazos como a realizacion africada, moi mal considerada entre a comunidade linguistica. Tamen se pode ver as claras que as clasificacions dialectais tradicionais, amplamente utilizadas ainda hoxe, non sempre describen a situacion real da lingua.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []