Análise da incapacidade temporal en traballadores dunha área de saúde de atención primaria

2007 
Obxetivo: medir a incidencia das incapacidades temporais (IT) nos traballadores de atencion primaria e comprobar a sua relacion con diversas variables de interese. Deseno: estudio de incidencia. Participantes: todas as IT ocurridas durante tres anos (2004-2006) e sufridas polos traballadores da area de atencion primaria de Santiago de Compostela. Medicions principias: idade, sexo, data de inicio, data de finalizacion, motivo (enfermidade comun, aacidente de traballo ou accidente non laboral), categoria estatutaria do traballador e tipo de vinculo coa praza. Resultados: nos tres anos estudados producironse un total de 2204 episodios de IT. Un total de 2130 baixas foron motivadas por enfermidade comun (96,6%); os accidentes de traballo foron 53 (2,4%) e os accidentes non laborais o 1% restante. A idade mediana dos traballadores con episodios de IT foi de 47,2 anos (DC= 6,8), cun 63% de mulleres. A taxa de IT global para todo o periodo foi de 25,1 por 10000 persoas-dias. As taxas mais altas deronse entre o persoal de servizos xerais (PSX) e enfermaria, cun 31 e 30,9 respectivamente. O indice de frecuencia global foi de 0,85 IT por traballador e ano. A duracion mediana de baixas foi de 10 dias (DC= 23,2). A mediana dos dias de baixa varia segundo o motivo, sendo de 55 para os accidentes de traballo e de 9 para as enfermidades comuns. Tendo en conta este ultimo motivo, a duracion mediana das baixas e maior nas mulleres, nos propietarios e nas auxiliares de enfermaria.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []