Impacto do programa galego de detección precoz do cancro de mama ((PGDPCM) sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia.: Período 1980-2012

2015 
En Galicia, no ano 1992, puxose en marcha o Programa Galego de Deteccion Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM), dirixido inicialmente as mulleres galegas de 50 a 64 anos, ainda que na actualidade abarca ata 69 anos de idade. O obxectivo deste traballo foi estimar o impacto do programa sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia, a traves dunha analise idade-periodo-cohorte. Para isto axustouse un modelo de regresion binomial negativa no que a variable resposta foi o logaritmo das taxas especificas de mortalidade por cancro de mama e as variables explicativas foron: a idade, o periodo, a cohorte, o cribado considerando a participacion e a incidencia de cancro de mama. Os resultados obtidos amosan unha reducion do 29% (IC95%: (25, 33)) no risco relativo de morrer por cancro de mama para as mulleres que pasaron polo programa (naqueles concellos nos que se observou unha boa participacion) en comparacion co grupo de mulleres non cribadas. Este efecto poderia estar asociado a un impacto positivo do PGDPCM ainda que non e posible diferencialo totalmente doutros efectos
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []