Materia prima galega para un excelente produto

2006 
O mercado da pasta de celulosa moveu, a nivel mundial no ano 2004, preto de 41.000.000 toneladas. De toda esa cantidade, 385.000 toneladas producironse en Galicia. O pineiro, como materia prima, foi substituido paulatinamente por eucalipto, para producir primeiramente pasta de celulosa crua, enton semibranca e mais tarde celulosa branqueada polo proceso ECF (Elemental Chlorine Free), ata chegar ao producto actual de celulosa de eucalipto branqueada polo proceso TCF (Totally Chlorine Free), que e un produto totalmente ecoloxico e cuxo proceso de fabricacion e branqueo e o de menor incidencia no medio ambiente dos utilizados actualmente no mundo. O 96% da celulosa fabricada nestas instalacions de Pontevedra e exportada aos principais paises europeos. A razon desta gran demanda deste tipo de celulosa desde os paises europeos mais desenvolvidos e a alta calidade da pasta e a sua caracteristica de pasta ecoloxica. Sobre o total da produccion, o 95% enviouse a traves do porto de Marin. Para chegar a este produto final, seguese un laborioso proceso que comeza coa seleccion da materia prima, clave para outorgar as caracteristicas tecnicas e de rendemento adecuado ao resultado da fabricacion. Noutras palabras, debemos comezar pola busca da arbore, do eucalipto.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []