Prevalencia de síndrome metabólico nun centro de atención primaria

2006 
Obxectivos. Estimar a prevalencia de sindrome metabolico (SM) e de cada un dos seus componentes. Explorar a relacion de SM con diversas variables de interese. Material e Metodos. Tratase dun estudo descritivo transversal con traballo de campo realizado durante marzo 2005. Foi realizado nun centro de saude urbano. A poboacion obxecto de estudo foron os usuarios pertencentes ao cupo de dous medicos de familia do centro. O tamano final da mostra foi de 1082 persoas. Os criterios utilizados para o diagnostico de SM foron os do ATP-III (3 ou mais dos seguintes): obesidade abdominal, hipertrigliceridemia, HDL baixo, cifra tensional elevada e hiperglucemia. Para a analise univariante dos resultados empregaronse indices estatisticos descritivos e para o bivariante a proba de chi-cadrado. Resultados. Eran mulleres un 55,1%, sendo a mediana da idade de 47,3 anos (desviacion cuartil de 18,2). A prevalencia de SM foi dun 32,3% (IC do 95% de 29,5 a 35,2%). O criterio de SM mais frecuente foi a presion arterial elevada (56%), seguido pola obesidade abdominal (50,6%) e pola hipertrigliceridemia (25,3%). Non habia diferenzas estatisticamente significativas na prevalencia de SM entre homes e mulleres (p=0,575), pero si entre os diferentes grupos de idade (p<0,001), sendo mais frecuente o SM conforme aumenta a idade. O unico criterio que ten unha distribucion diferente por sexo e a hipertrigliceridemia, sendo mais frecuente en homes (33,3 vs 18,8%). Conclusion. A prevalencia de SM na poboacion estudiada e alta. Compre un diagnostico precoz destes pacientes de cara a un maior fomento das medidas de prevencion e tratamento.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    16
    References
    1
    Citations
    NaN
    KQI
    []